Mostrando entradas con la etiqueta tema-2. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tema-2. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de noviembre de 2009

Actividades semana do 07/12/09 ao 13/12/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Dado que os días 07/12/09 (luns) e 08/12/09 (martes) son festivos, e para non beneficiar ou agraviar a ningún grupo, nas clases dos días 09/12/09 (mércores) e 10/12/09 (xoves) a Aula Informática Newton-17 estará aberta para todo o alumnado (independentemente do grupo en que conste oficialmente) que queira acabar algunha das dúas prácticas a entregar. Dado que o numero de ordenadores da aula é limitado (25) prégase que neses días so acuda á aula o alumnado que verdaderaimente precise traballar na aula informática); o ben que, cando remate o traballo na aula, deixe o seu posto a outra persoa. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Tema 2 - Módulo 2: "Ofimática avanzada"
Tema 3: "Tradución Asistida con Déjà Vu X"
  • Acabar a parte da Práctica nº-2 correspondente ao Tema-3: Práctica-2(I).

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Actividades semana do 16/11/09 ao 22/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2: "Ofimática avanzada"
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N3" [T2-N3].
Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado.
No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos termos que nel aparecen.

Como software específico para a realización desta parte da práctica usaremos o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.
  • Primeira Práctica avaliativa.
Comentario da Primeira Práctica avaliativa a entregar.
Tema 3: "Tradución Asistida con Déjà Vu X"
  • Seminario: Práctica sobre Tradución Asistida cun paquete de sofware específico para o uso profesional; a desenvolver nas salas informáticas (previsión de traballo de 30 horas en total: 12h. na aula informática e 18h. fora da aula informática).
TAC con Déjà Vu X Pro(fessional) (I): Introdución teórica. O software a empregar vai ser o programa de Tradución Asistida Déjà Vu X que estará instalado na aula informática. Para poder acabar a práctica o alumnado poderá empregar o programa na aula informática de libre acceso ou ben instalar o programa na casa como shareware por un periodo de 30 días (nas aulas vaise explicar como proceder ao respecto). Tan pronto o material deste Tema-3 (guías, dosieres, manuais, presentacións, etc.) esté preparado vaise poñer accesible en liña e no Servizo de Fotocopias do Pabillón Central (no caso do manual, segundo o acordado).
  • Recoñecer o papel da Tradución Asistida por Computador (TAC) nos Estudos de Tradución (EET) e na competencia tradutora.
  • Identificar os tipos de ferramentas TAC adecuados ás diversas (fases das) encomendas profesionais.
  • Recoñecer os principais argumentos para o uso das ferramentas TAC.
  • Coñecer e saber diferenciar os conceptos de ‘tradución (totalmente) automática’ e ‘tradución asistida (polo tradutor humano e polo computador)’.
  • Coñecer as bases teóricas de funcionamento dun programa de tradución (totalmente) automática e dun programa de tradución asistida.
  • Saber recoñecer as diferenzas de base teóricas entre a ‘tradución automática (mecánica ou feita por unha máquina)’ e a ‘tradución humana (feita por un serhumano tradutor)’. Coñecer as posibilidades de integración entre o tradutormecánico e o tradutor humano que ofrece a ‘tradución asistida’.
  • Coñecer de maneira teórica os compoñentes e as funcións básicas doprograma de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): opcións por defecto, memorias (de tradución), (bases de datos de) terminoloxía, filtro SGML/XML, arquivo de alineación, e (xestión de) proxectos (de tradución).
  • Coñecer a vantaxes e principais inconvenientes a nivel teórico do programa.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Actividades semana do 09/11/09 ao 15/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N1". Procesadores de texto versus Autoeditores ou Maquetadores. Exemplo de uso de Adobe PageMaker.
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N3" [T2-N3].
Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado.
No referente ao “texto literario”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non coñece ao autor nin a obra en cuestión.
Por outra banda, ao non ser dun autor coetáneo, tamén descoñece o significado específico e tradución dalgunha das palabras na época en cuestión.
No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos termos que nel aparecen.

Como software específico para a realización desta práctica usaremos o programa lexicográficoTextSTAT 2.6 e o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.

domingo, 1 de noviembre de 2009

Actividades semana do 02/11/09 ao 08/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N2" [T2-N2].
Creación das ligazóns (entre páxinas webs, dentro da propia páxina web e ao correo electrónico). Creación do contador. Hospedaxe das páxinas web no hostal gratuíto Galeón-Hispavista <http://galeon.com>.
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N3" [T2-N3].
Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado.
No referente ao “texto literario”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non coñece ao autor nin a obra en cuestión.
Por outra banda, ao non ser dun autor coetáneo, tamén descoñece o significado específico e tradución dalgunha das palabras na época en cuestión.
No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos termos que nel aparecen.

Como software específico para a realización desta práctica usaremos o programa lexicográfico TextSTAT 2.6 e o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.

miércoles, 21 de octubre de 2009

Actividades semana do 26/10/09 ao 01/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1].
Maquetación do texto final con MS-Office Word 2003: estilos. Facturación da encomenda de tradución con MS-Office Excel 2003. Entrega do texto final (traducido e maquetado) e da factura ó cliente: compresión de arquivos, uso do correo electrónico.
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N2" [T2-N2].
Creación (con FrontPage 2002) e hospedaxe nun hostal gratuíto (a escolla do mesmo é libre) dun espazo web formado por dúas páxinas web: a principal, na túa lingua A (galego ou español); e a secundaria (tradución da páxina principal), na túa lingua B (inglés ou francés). Portal de "bandeiras do mundo" Flags of the World <http://fotw.net>. Portal de gifs animados do "correo electrónico" <http://gifsanimados.espaciolatino.com/E_mail1.htm>. Proposta de hostais: Geocities - Yahoo <http://es.geocities.com> (NON, a hospedaxe gratuíta caduca o 26/10/09); Galeón - Hispavista <http://galeon.com> (SI, aínda que contén moita propaganda e moitas fiestras ou pop-ups, os servizos son gratuítos e ten o servizo FTP de subida integrado). Exemplo: http://webs.uvigo.es/jmv/web ou http://es.geocities.com/joanmiquelverges ou http://galeon.com/jmiquel2009.

jueves, 15 de octubre de 2009

Actividades semana do 19/10/09 ao 25/10/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  1. Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1].

Maquetación do texto final con MS-Office Word 2003: seccións (encabezallos e pes de páxina, mostrar e traballar con códigos ocultos, traballar con tabuladores, marcadores e referencias), unidades de tradución (conversión de texto a tabelas, uso de tabelas, funcións de autoaxustar), fotografías (inserción, formato).

miércoles, 7 de octubre de 2009

Actividades semana do 12/10/09 ao 18/10/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

As TIC e o traballo colaborativo (10:00 minutos):
  1. Repaso-4: visualiza o vídeo "Tecnologia ou Metodologia" (VO PT) de 3:05 minutos [video].
  2. Repaso-5: visualiza o vídeo "Monje - Ayuda de Escritorio" (VOS ES) de 2:40 minutos [video].
Tema 2 - Módulo 2:
  1. Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1].

Obtención do “texto” a traducir: servidores de ficheiros, FTP. Configuración básica do procesador de textos Word: límites do texto, correción automática ortográfica e gramatical. Corrección e tradución do texto orixinal con MS-Office Word 2003: dicionarios (tipoloxía, línguas, instalación), marcas e comentarios (mostrar, insertar, borrar), barra de revisión (mostrar, botóns), protección de cambios. Maquetación do “texto”: caixa de texto (papel base, marxes).

ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS


viernes, 2 de octubre de 2009

Actividades semana do 05/10/09 ao 11/10/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Repaso da "Informática básica (ou de usuario)":

  1. Repaso-3: Na web material", no apartado "Documentación Secundaria" abre o documento "Repaso-3: La Informática Básica (o de usuario). El Software. Sistemas Operativos (SO) y Utilidades. Telemática. Ofimática" [03-Repaso].
As TIC e o traballo colaborativo:
  1. Crea unha conta de correo en GMail [http://www.gmail.com].
    Observacións: Cando unha persoa recebe un correo electrónico e a persoa que envía este correu no identificou co seu nome e (dous) apelidos a súa conta de correo, É IMPOSÍBEL PARA O RECEPTOR DO CORREO IDENTIFICAR AO EMISOR DO MESMO. Cando eu pedía a creación dunha conta en GMail, entendíase que o/a alumno/a (ademais de cumprir coas condicións o sintaxe do nome da conta a crear) DEBÍA IDENTIFICAR A SÚA CONTA CO SEU NOME E (DOUS) APELIDOS REAIS.
  2. Únete ao grupo de Google jmiquel2009 [http://groups.google.com/group/jmiquel2009].
    Observacións: O/A alumno/a que non cumpriu coas exixencias de configuración da súa conta de GMail ou non identificou correctamente á conta co seu nome e (dous) apelidos, NON FOI ADMITIDO/A OU FOI REXEITADO/A do Grupo. Por favor, que cree unha nova conta en GMAil acorde as exixencias expresadas de sintaxe ou que modifique os seus dados persoais e volva a unirse ao grupo. Moitas grazas.
  3. Únete ao Twitter jmiquel2009 [http://twitter.com/jmiquel2009].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  4. Únete ao Blog jmiquel2009 [http://jmiquel2009.blogspot.com].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  5. Crea unha conta en Netvibes [http://www.netvibes.com] ou en iGoogle [www.google.es/ig].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  6. Engade algúns "widgets" ou "gadgets" a Netvibes ou en iGoogle, respectivamente.

Tema 2 - Módulo 2

  1. Suposto de Tradución T2-N1: Na web "material", no apartado "Supuestos de Traducción", abre o "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1]. Empezar a traballar.

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Actividades semana do 28/09/09 ao 04/10/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Repaso da "Informática básica (ou de usuario)":

  1. Repaso-1: Na web material", no apartado "Documentación Secundaria" abre o documento "Repaso-1: Conocimientos básicos y Términos" [01-Repaso].
    Páxina 1/2: Consulta a presentación en PowerPoint T02-P01:01 El hardware: Conocimientos básicos. Páxina 2/2: Consulta a presentación en PowerPoint T02-P01:03 El hardware: Bibliografía y terminología informática.
  2. Repaso-2: Na web "material", no apartado "Documentación Secundaria" abre o documento "Repaso-2: Configuración Hardware" relacionados co 'Hardware" [02-Repaso].
  3. Os estándares no "Hardware" no año 2009: Consulta dun "folleto de propaganda real" dunha tenda de informática (PC, portátiles, impresoras).
    O profesor vaiche entregar unha folla de propaganda de produtos informáticos dunha tenda local de Vigo para que poidas avaliar cal pode ser o estándar actual no mundo dos computadores (PCs e portátiles) e impresoras (de tinta e láser).
As TIC e o traballo colaborativo:
  1. Crea unha conta de correo en GMail [http://www.gmail.com].
    Formato obrigado da túa conta de GMail: "primeira letra do teu nome" + "primeiro apelido teu" + "2009" (as letras e os nomes escritos 'á inglesa'). Por exemplo, si o teu nome e apelidos son 'Xosé Fariña Castro', a túa conta de GMail debería ser "xfarina2009". Por exemplo, si o teu nome e apelidos son 'Alba Fernández Souto', a túa conta de GMail debería ser "afernandez2009". No caso que GMail non che permita a túa conta proposta (p.e., "afernandez2009") engade algún caracter (p.e. a primeira letra do teu segundo apelido) antes do '2009' (p.e., "afernandezs2009").
  2. Únete ao grupo de Google jmiquel2009 [http://groups.google.com/group/jmiquel2009].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  3. Únete ao Twitter jmiquel2009 [http://twitter.com/jmiquel2009].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  4. Únete ao Blog jmiquel2009 [http://jmiquel2009.blogspot.com].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  5. Crea unha conta en Netvibes [http://www.netvibes.com] ou en iGoogle [www.google.es/ig].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  6. Engade algúns "widgets" ou "gadgets" a Netvibes ou en iGoogle, respectivamente.

Tema 2 - Módulo 2

  1. Suposto de Tradución T2-N1: Na web "material", no apartado "Supuestos de Traducción", abre o "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1].

ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS

  1. Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido).

LEMBRANZAS

  1. O martes 29/09/09 de 11:00-12:00 está programada unha Xunta de Facultade de Filoloxía e Tradución polo cal suspéndese a actividade académica de 11:00-12:00 horas.
  2. O Grupo L3 da materia (martes de 11:00-12:30) vaise a ver afectado por este feito, polo que tendo en conta que os martes de 12:30-13:00 non tendes aulas, vaise a recuperar a hora perdida nesta franxa horaria.
  3. O martes 29/09/09, a clase do Grupo 2 de 11:00-12:30 terá lugar de 12:00-13:00 horas.
  4. O martes 06/10/09, a clase do Grupo 2 de 11:00-12:30 terá lugar de 11:00-13:00 horas.
  5. El martes 29/09 no habrá tutorías ni de 10:00-11:00 (Junta de Facultad) ni de 12:30-13:00 (clase con el Grupo L3). En las demás horas sí.
  6. Lembra que tes que entregar (so ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía.
  7. Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, sería conveniente que imprimises o "Suposto de Tradución T2-N1".

domingo, 20 de septiembre de 2009

Actividades semana do 21/09/09 ao 27/09/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)


Presentación da materia:
  1. Abre o teu PC e entra en Windows XP.
  2. Comproba, coa axuda do profesor, que os programas "UltraVNC Server", "Adobe Acrobat Reader", "7-zip", "Ms-Office 2003 (Word, Access, Excel, PowerPoint)" e "Ms-FrontPage XP" están instados no teu computador.
  3. Configura o programa de acceso remoto "UltraVNC Server" e conecta co computador do profesor.
  4. Abre o teu procurador (navegador) e entra na páxina web da materia: http://webs.uvigo.es/tradum%C3%83%C2%A1tica
  5. Entra no emprazamento web do Prof. Joan Miquel-Vergés: http://webs.uvigo.es/jmv (lembra que tamén podes entrar empregando a ligazón http://www.joanmiquel.com/).
  6. Examina, coa axuda do profesor cada unha das páxinas webs dispoñibles neste emprazamento web.
  7. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Guía docente da materia".
  8. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Presentación PowerPoint da materia".
  9. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Presentación PDF da materia".
  10. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1".
  11. Na web "material", no apartado "Documentación", abre o "Suposto de Tradución T2-N1".
As TIC e o traballo colaborativo:
  1. Crea unha conta de correo en GMail.
  2. Únete ao grupo de Google jmiquel2009.
  3. Crea unha conta en Netvibes ou iGoogle.
  4. Engade algúns "widgets".
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
  1. Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido).
  2. Repaso. Consulta os documentos "Repaso-1: Conocimientos básicos y Términos" e "Repaso-2: Configuración Hardware" relacionados co 'Hardware".
  3. Segue as indicacións do "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1".
  4. Repasa as indicacións do "Suposto de Tradución T2-N1".
LEMBRANZAS
  1. Lembra que tes que entregar (so ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía.
  2. Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, sería conveniente que imprimises "Presentación PDF da materia", o "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1" e o "Suposto de Tradución T2-N1".