domingo, 20 de septiembre de 2009

Actividades semana do 21/09/09 ao 27/09/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)


Presentación da materia:
  1. Abre o teu PC e entra en Windows XP.
  2. Comproba, coa axuda do profesor, que os programas "UltraVNC Server", "Adobe Acrobat Reader", "7-zip", "Ms-Office 2003 (Word, Access, Excel, PowerPoint)" e "Ms-FrontPage XP" están instados no teu computador.
  3. Configura o programa de acceso remoto "UltraVNC Server" e conecta co computador do profesor.
  4. Abre o teu procurador (navegador) e entra na páxina web da materia: http://webs.uvigo.es/tradum%C3%83%C2%A1tica
  5. Entra no emprazamento web do Prof. Joan Miquel-Vergés: http://webs.uvigo.es/jmv (lembra que tamén podes entrar empregando a ligazón http://www.joanmiquel.com/).
  6. Examina, coa axuda do profesor cada unha das páxinas webs dispoñibles neste emprazamento web.
  7. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Guía docente da materia".
  8. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Presentación PowerPoint da materia".
  9. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Presentación PDF da materia".
  10. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1".
  11. Na web "material", no apartado "Documentación", abre o "Suposto de Tradución T2-N1".
As TIC e o traballo colaborativo:
  1. Crea unha conta de correo en GMail.
  2. Únete ao grupo de Google jmiquel2009.
  3. Crea unha conta en Netvibes ou iGoogle.
  4. Engade algúns "widgets".
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
  1. Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido).
  2. Repaso. Consulta os documentos "Repaso-1: Conocimientos básicos y Términos" e "Repaso-2: Configuración Hardware" relacionados co 'Hardware".
  3. Segue as indicacións do "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1".
  4. Repasa as indicacións do "Suposto de Tradución T2-N1".
LEMBRANZAS
  1. Lembra que tes que entregar (so ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía.
  2. Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, sería conveniente que imprimises "Presentación PDF da materia", o "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1" e o "Suposto de Tradución T2-N1".

No hay comentarios:

Publicar un comentario