jueves, 26 de noviembre de 2009

Actividades semana do 07/12/09 ao 13/12/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Dado que os días 07/12/09 (luns) e 08/12/09 (martes) son festivos, e para non beneficiar ou agraviar a ningún grupo, nas clases dos días 09/12/09 (mércores) e 10/12/09 (xoves) a Aula Informática Newton-17 estará aberta para todo o alumnado (independentemente do grupo en que conste oficialmente) que queira acabar algunha das dúas prácticas a entregar. Dado que o numero de ordenadores da aula é limitado (25) prégase que neses días so acuda á aula o alumnado que verdaderaimente precise traballar na aula informática); o ben que, cando remate o traballo na aula, deixe o seu posto a outra persoa. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Tema 2 - Módulo 2: "Ofimática avanzada"
Tema 3: "Tradución Asistida con Déjà Vu X"
  • Acabar a parte da Práctica nº-2 correspondente ao Tema-3: Práctica-2(I).

No hay comentarios:

Publicar un comentario