domingo, 1 de noviembre de 2009

Actividades semana do 02/11/09 ao 08/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N2" [T2-N2].
Creación das ligazóns (entre páxinas webs, dentro da propia páxina web e ao correo electrónico). Creación do contador. Hospedaxe das páxinas web no hostal gratuíto Galeón-Hispavista <http://galeon.com>.
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N3" [T2-N3].
Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado.
No referente ao “texto literario”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non coñece ao autor nin a obra en cuestión.
Por outra banda, ao non ser dun autor coetáneo, tamén descoñece o significado específico e tradución dalgunha das palabras na época en cuestión.
No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos termos que nel aparecen.

Como software específico para a realización desta práctica usaremos o programa lexicográfico TextSTAT 2.6 e o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.

No hay comentarios:

Publicar un comentario