miércoles, 21 de octubre de 2009

Actividades semana do 26/10/09 ao 01/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1].
Maquetación do texto final con MS-Office Word 2003: estilos. Facturación da encomenda de tradución con MS-Office Excel 2003. Entrega do texto final (traducido e maquetado) e da factura ó cliente: compresión de arquivos, uso do correo electrónico.
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N2" [T2-N2].
Creación (con FrontPage 2002) e hospedaxe nun hostal gratuíto (a escolla do mesmo é libre) dun espazo web formado por dúas páxinas web: a principal, na túa lingua A (galego ou español); e a secundaria (tradución da páxina principal), na túa lingua B (inglés ou francés). Portal de "bandeiras do mundo" Flags of the World <http://fotw.net>. Portal de gifs animados do "correo electrónico" <http://gifsanimados.espaciolatino.com/E_mail1.htm>. Proposta de hostais: Geocities - Yahoo <http://es.geocities.com> (NON, a hospedaxe gratuíta caduca o 26/10/09); Galeón - Hispavista <http://galeon.com> (SI, aínda que contén moita propaganda e moitas fiestras ou pop-ups, os servizos son gratuítos e ten o servizo FTP de subida integrado). Exemplo: http://webs.uvigo.es/jmv/web ou http://es.geocities.com/joanmiquelverges ou http://galeon.com/jmiquel2009.

No hay comentarios:

Publicar un comentario