ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)
Repaso da "Informática básica (ou de usuario)":
- Repaso-3: Na web material", no apartado "Documentación Secundaria" abre o documento "Repaso-3: La Informática Básica (o de usuario). El Software. Sistemas Operativos (SO) y Utilidades. Telemática. Ofimática" [03-Repaso].
- Crea unha conta de correo en GMail [http://www.gmail.com].
Observacións: Cando unha persoa recebe un correo electrónico e a persoa que envía este correu no identificou co seu nome e (dous) apelidos a súa conta de correo, É IMPOSÍBEL PARA O RECEPTOR DO CORREO IDENTIFICAR AO EMISOR DO MESMO. Cando eu pedía a creación dunha conta en GMail, entendíase que o/a alumno/a (ademais de cumprir coas condicións o sintaxe do nome da conta a crear) DEBÍA IDENTIFICAR A SÚA CONTA CO SEU NOME E (DOUS) APELIDOS REAIS.
- Únete ao grupo de Google jmiquel2009 [http://groups.google.com/group/jmiquel2009].
Observacións: O/A alumno/a que non cumpriu coas exixencias de configuración da súa conta de GMail ou non identificou correctamente á conta co seu nome e (dous) apelidos, NON FOI ADMITIDO/A OU FOI REXEITADO/A do Grupo. Por favor, que cree unha nova conta en GMAil acorde as exixencias expresadas de sintaxe ou que modifique os seus dados persoais e volva a unirse ao grupo. Moitas grazas.
- Únete ao Twitter jmiquel2009 [http://twitter.com/jmiquel2009].
Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
- Únete ao Blog jmiquel2009 [http://jmiquel2009.blogspot.com].
Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
- Crea unha conta en Netvibes [http://www.netvibes.com] ou en iGoogle [www.google.es/ig].
Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
- Engade algúns "widgets" ou "gadgets" a Netvibes ou en iGoogle, respectivamente.
Tema 2 - Módulo 2
- Suposto de Tradución T2-N1: Na web "material", no apartado "Supuestos de Traducción", abre o "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1]. Empezar a traballar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario