domingo, 13 de diciembre de 2009

Actividades semana do 14/12/09 ao 20/12/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

Tema 4. - Prácticas a través de TIC: "Xestión de proxectos, ferramentas telemáticas e traballo colaborativo"

As actividades marcadas cun asterisco (*) van tratarse só dende un punto de vista teórico por falta de tempo; mais o alumnado pode practicar pola súa conta.

4.0. - Actividades prácticas
4.0.1. - Primeira Sesión
  1. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en Google Docs.
  2. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en G.ho.st..
  3. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en ThinKFree.
  4. Instala o complemento (plug-in) OffiSync que permite unificar o paquete ofimático Microsoft Office con Google Docs. O complemento ofrece soporte para Word, Excel e PowerPoint (para as versións de Office 2003 e Office 2007).
  5. Instala o complemento (plug-in) Zoho Office Plugin que permite unificar o paquete ofimático Microsoft Office con Zoho (o paquete ofimático que se inclúe co escritorio virtual G.ho.st) e viceversa. O complemento ofrece soporte para Word e Excel (pero non para PowerPoint) para as versións de Office 2003 e Office 2007.
  6. Instala a extensión (extension) OpenOffice.org2GoogleDocs que permite importar e exportar documentos de texto, follas de cálculo e presentacións de Google Docs a OpenOffice.org e viceversa. Permite acceder tanto fora de liña como en liña aos nosos documentos en calquera momento, sen ter as limitacións de traballar cun ou outro software ofimático. A extensión OpenOffice.org2GoogleDocs permite, ademais importar e exportar documentos de texto, follas de cálculo e presentacións dende OpenOffice.org a Zoho (o paquete ofimático que se inclúe co escritorio virtual G.ho.st) e viceversa.
  7. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en Second Life, na versión en español (o nome do teu avatar ten que ser o nome da túa conta de correo de G-mail anterior á @; e o apelido non o podes elixir ti).
  8. Para capturar pantallas en Second Life pódese empregar directamente a opción “foto (snapshot, en inglés) > guardarla en su disco duro” do menú de Second Life, pero nese caso non aparece a identificación do avatar; por illo é mellor empregar un programa capturador de pantallas específico que sí captura a identificación do avatar como é o programa gratuito MWSnap. Para capturar toda a pantalla hai que pulsar [Ctrl+Mayús+W] ou ben redifinir a combinación de teclas por defecto.
4.0.2. - Segunda Sesión
  1. Realiza as seguintes Actividades coa axuda do teu profesor
4.1. - Guía Xeral
4.2. - Xestión de Proxectos de Tradución*
4.3. - Ferramentas telemáticas e traballo colaborativo

4.3.1. - A Web 2.0*

Algunhas ligazóns procedentes dos materiais do curso Aplicacións Educativas da Web 2.0 de Formación do Profesorado impartido polo profesor Pedro Cuesta Morales na Universidade de Vigo (licenzas Creative Commons)
4.3.2. - A computación na nube (cloud computing)
4.3.3. - A realidade virtual e os mundos virtuais (Second Life)

jueves, 26 de noviembre de 2009

Actividades semana do 07/12/09 ao 13/12/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Dado que os días 07/12/09 (luns) e 08/12/09 (martes) son festivos, e para non beneficiar ou agraviar a ningún grupo, nas clases dos días 09/12/09 (mércores) e 10/12/09 (xoves) a Aula Informática Newton-17 estará aberta para todo o alumnado (independentemente do grupo en que conste oficialmente) que queira acabar algunha das dúas prácticas a entregar. Dado que o numero de ordenadores da aula é limitado (25) prégase que neses días so acuda á aula o alumnado que verdaderaimente precise traballar na aula informática); o ben que, cando remate o traballo na aula, deixe o seu posto a outra persoa. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Tema 2 - Módulo 2: "Ofimática avanzada"
Tema 3: "Tradución Asistida con Déjà Vu X"
  • Acabar a parte da Práctica nº-2 correspondente ao Tema-3: Práctica-2(I).

Actividades semana do 30/11/09 ao 06/12/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 3: "Tradución Asistida con Déjà Vu X"
  • Seminario: Práctica sobre Tradución Asistida cun paquete de sofware específico para o uso profesional; a desenvolver nas salas informáticas (previsión de traballo de 30 horas en total: 12h. na aula informática e 18h. fora da aula informática).

TAC con Déjà Vu X Pro(fessional) (III): Exemplo práctico. Supostos T3-N4-2 e T3-N4-3.

  • Saber descargar, instalar e activar o programa de TAC Déjà Vu Pro(fessional).
  • Coñecer e saber utilizar de maneira práctica os compoñentes e as funciónsbásicas do programa de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): opcións por defecto, memorias (de tradución), (bases de datos de) terminoloxía, filtro SGML/XML, arquivo de alineación, e (xestión de) proxectos (de tradución).
  • Coñecer e saber utilizar de maneira práctica e profesional do programa de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): saber organizar os arquivos, saber crear unproxecto de tradución, saber traducir un arquivo, saber acabar unha tradución, saber exportar unha tradución xa acada, saber duplicar a produtividad dosistema de TAC, saber pretraducir, saber ensamblar a tradución, saber contarpalabras e realizar presupostos.
  • Coñecer e saber utilizar de maneira práctica as diferentes funcións específicasdo programa de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): escaneado (scan), ensamblado (assemble), pretradución (pretranslate), propagación (propagate), autoprocura (autosearch), xestión de proxectos, control de calidade, o contorno integrado, os formatos de arquivo permitidos, a administración das terminoloxías, o mantemento das bases de datos, a alineación, o lexicón do proxecto.
  • Coñecer a vantaxes e principais inconvenientes a nivel práctico do programa.

domingo, 22 de noviembre de 2009

Actividades semana do 23/11/09 ao 29/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 3: "Tradución Asistida con Déjà Vu X"

  • Plataforma de Teleensinanza Tema-FaiTic: Comproba que podes acceder ao curso de Ferramentas para a T&I(I): Informática na plataforma de teleensinanza Tema-FaiTic (http://faitic.uvigo.es/). De todas maneiras, o profesor pasará un listado co alumnado dado de alta na materia en Tema-FaiTic para que poidades comprobar si estades. Observación: Debido a problemas técnicos, o acceso á plataforma de teleensinanza estará interrumpido o luns 23/11/09 ata as 17:00 horas aproximadamente.

  • Bibliografía:

1) J. Miquel-Vergés – Uso de Déjà Vu X Pro en la FFT de la UVIGO (acceso restrinxido)

http://webs.uvigo.es/jmv/docs/Uso_DejaVuX_FFT_UVIGO.pdf

2) ATRIL – Déjà Vu X Professional Getting Started Guide (versión en español)

http://www.atril.com/docs/DVX/Spanish/Guia_de_instalacion_DVXProfessional.pdf

3) ATRIL – Déjà Vu X Professional Users' Guide (versión en inglés)

http://www.atril.com/docs/DVX/DVX%20Pro.pdf

4) Daniel H. Gauna – Nuevas vistas a la traducción con Déjà Vu

http://www.medtrad.org/panacea/IndiceGeneral/n29_tribuna-Gauna.pdf

  • Seminario: Práctica sobre Tradución Asistida cun paquete de sofware específico para o uso profesional; a desenvolver nas salas informáticas (previsión de traballo de 30 horas en total: 12h. na aula informática e 18h. fora da aula informática).

TAC con Déjà Vu X Pro(fessional) (III): Exemplos prácticos. Supostos T3-N4-1 e T3-N4-2.

  • Saber descargar, instalar e activar o programa de TAC Déjà Vu Pro(fessional).
  • Coñecer e saber utilizar de maneira práctica os compoñentes e as funciónsbásicas do programa de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): opcións por defecto, memorias (de tradución), (bases de datos de) terminoloxía, filtro SGML/XML, arquivo de alineación, e (xestión de) proxectos (de tradución).
  • Coñecer e saber utilizar de maneira práctica e profesional do programa de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): saber organizar os arquivos, saber crear unproxecto de tradución, saber traducir un arquivo, saber acabar unha tradución, saber exportar unha tradución xa acada, saber duplicar a produtividad dosistema de TAC, saber pretraducir, saber ensamblar a tradución, saber contarpalabras e realizar presupostos.
  • Coñecer e saber utilizar de maneira práctica as diferentes funcións específicasdo programa de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): escaneado (scan), ensamblado (assemble), pretradución (pretranslate), propagación (propagate), autoprocura (autosearch), xestión de proxectos, control de calidade, o contorno integrado, os formatos de arquivo permitidos, a administración das terminoloxías, o mantemento das bases de datos, a alineación, o lexicón do proxecto.
  • Coñecer a vantaxes e principais inconvenientes a nivel práctico do programa.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Actividades semana do 16/11/09 ao 22/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2: "Ofimática avanzada"
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N3" [T2-N3].
Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado.
No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos termos que nel aparecen.

Como software específico para a realización desta parte da práctica usaremos o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.
  • Primeira Práctica avaliativa.
Comentario da Primeira Práctica avaliativa a entregar.
Tema 3: "Tradución Asistida con Déjà Vu X"
  • Seminario: Práctica sobre Tradución Asistida cun paquete de sofware específico para o uso profesional; a desenvolver nas salas informáticas (previsión de traballo de 30 horas en total: 12h. na aula informática e 18h. fora da aula informática).
TAC con Déjà Vu X Pro(fessional) (I): Introdución teórica. O software a empregar vai ser o programa de Tradución Asistida Déjà Vu X que estará instalado na aula informática. Para poder acabar a práctica o alumnado poderá empregar o programa na aula informática de libre acceso ou ben instalar o programa na casa como shareware por un periodo de 30 días (nas aulas vaise explicar como proceder ao respecto). Tan pronto o material deste Tema-3 (guías, dosieres, manuais, presentacións, etc.) esté preparado vaise poñer accesible en liña e no Servizo de Fotocopias do Pabillón Central (no caso do manual, segundo o acordado).
  • Recoñecer o papel da Tradución Asistida por Computador (TAC) nos Estudos de Tradución (EET) e na competencia tradutora.
  • Identificar os tipos de ferramentas TAC adecuados ás diversas (fases das) encomendas profesionais.
  • Recoñecer os principais argumentos para o uso das ferramentas TAC.
  • Coñecer e saber diferenciar os conceptos de ‘tradución (totalmente) automática’ e ‘tradución asistida (polo tradutor humano e polo computador)’.
  • Coñecer as bases teóricas de funcionamento dun programa de tradución (totalmente) automática e dun programa de tradución asistida.
  • Saber recoñecer as diferenzas de base teóricas entre a ‘tradución automática (mecánica ou feita por unha máquina)’ e a ‘tradución humana (feita por un serhumano tradutor)’. Coñecer as posibilidades de integración entre o tradutormecánico e o tradutor humano que ofrece a ‘tradución asistida’.
  • Coñecer de maneira teórica os compoñentes e as funcións básicas doprograma de TAC Déjà Vu X Pro(fessional): opcións por defecto, memorias (de tradución), (bases de datos de) terminoloxía, filtro SGML/XML, arquivo de alineación, e (xestión de) proxectos (de tradución).
  • Coñecer a vantaxes e principais inconvenientes a nivel teórico do programa.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Actividades semana do 09/11/09 ao 15/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N1". Procesadores de texto versus Autoeditores ou Maquetadores. Exemplo de uso de Adobe PageMaker.
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N3" [T2-N3].
Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado.
No referente ao “texto literario”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non coñece ao autor nin a obra en cuestión.
Por outra banda, ao non ser dun autor coetáneo, tamén descoñece o significado específico e tradución dalgunha das palabras na época en cuestión.
No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos termos que nel aparecen.

Como software específico para a realización desta práctica usaremos o programa lexicográficoTextSTAT 2.6 e o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.

domingo, 1 de noviembre de 2009

Actividades semana do 02/11/09 ao 08/11/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Tema 2 - Módulo 2:
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N2" [T2-N2].
Creación das ligazóns (entre páxinas webs, dentro da propia páxina web e ao correo electrónico). Creación do contador. Hospedaxe das páxinas web no hostal gratuíto Galeón-Hispavista <http://galeon.com>.
  • Supostos de Tradución: "Suposto de Tradución T2-N3" [T2-N3].
Un/unha tradutor/a profesional recibe unha dobre encomenda de tradución: un texto literario e un texto especializado.
No referente ao “texto literario”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non coñece ao autor nin a obra en cuestión.
Por outra banda, ao non ser dun autor coetáneo, tamén descoñece o significado específico e tradución dalgunha das palabras na época en cuestión.
No referente ao “texto especializado”, os seus maiores problemas traductolóxicos radican en que non domina o tema ou área de especialización; e, por iso, descoñece o significado e tradución dalgúns dos termos que nel aparecen.

Como software específico para a realización desta práctica usaremos o programa lexicográfico TextSTAT 2.6 e o programa de xestión de bases de datos MS-Access 2003.