domingo, 13 de diciembre de 2009

Actividades semana do 14/12/09 ao 20/12/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS

Tema 4. - Prácticas a través de TIC: "Xestión de proxectos, ferramentas telemáticas e traballo colaborativo"

As actividades marcadas cun asterisco (*) van tratarse só dende un punto de vista teórico por falta de tempo; mais o alumnado pode practicar pola súa conta.

4.0. - Actividades prácticas
4.0.1. - Primeira Sesión
  1. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en Google Docs.
  2. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en G.ho.st..
  3. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en ThinKFree.
  4. Instala o complemento (plug-in) OffiSync que permite unificar o paquete ofimático Microsoft Office con Google Docs. O complemento ofrece soporte para Word, Excel e PowerPoint (para as versións de Office 2003 e Office 2007).
  5. Instala o complemento (plug-in) Zoho Office Plugin que permite unificar o paquete ofimático Microsoft Office con Zoho (o paquete ofimático que se inclúe co escritorio virtual G.ho.st) e viceversa. O complemento ofrece soporte para Word e Excel (pero non para PowerPoint) para as versións de Office 2003 e Office 2007.
  6. Instala a extensión (extension) OpenOffice.org2GoogleDocs que permite importar e exportar documentos de texto, follas de cálculo e presentacións de Google Docs a OpenOffice.org e viceversa. Permite acceder tanto fora de liña como en liña aos nosos documentos en calquera momento, sen ter as limitacións de traballar cun ou outro software ofimático. A extensión OpenOffice.org2GoogleDocs permite, ademais importar e exportar documentos de texto, follas de cálculo e presentacións dende OpenOffice.org a Zoho (o paquete ofimático que se inclúe co escritorio virtual G.ho.st) e viceversa.
  7. Coa túa conta de G-mail tes que darche de alta en Second Life, na versión en español (o nome do teu avatar ten que ser o nome da túa conta de correo de G-mail anterior á @; e o apelido non o podes elixir ti).
  8. Para capturar pantallas en Second Life pódese empregar directamente a opción “foto (snapshot, en inglés) > guardarla en su disco duro” do menú de Second Life, pero nese caso non aparece a identificación do avatar; por illo é mellor empregar un programa capturador de pantallas específico que sí captura a identificación do avatar como é o programa gratuito MWSnap. Para capturar toda a pantalla hai que pulsar [Ctrl+Mayús+W] ou ben redifinir a combinación de teclas por defecto.
4.0.2. - Segunda Sesión
  1. Realiza as seguintes Actividades coa axuda do teu profesor
4.1. - Guía Xeral
4.2. - Xestión de Proxectos de Tradución*
4.3. - Ferramentas telemáticas e traballo colaborativo

4.3.1. - A Web 2.0*

Algunhas ligazóns procedentes dos materiais do curso Aplicacións Educativas da Web 2.0 de Formación do Profesorado impartido polo profesor Pedro Cuesta Morales na Universidade de Vigo (licenzas Creative Commons)
4.3.2. - A computación na nube (cloud computing)
4.3.3. - A realidade virtual e os mundos virtuais (Second Life)