miércoles, 23 de septiembre de 2009

Actividades semana do 28/09/09 ao 04/10/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)
(En cor azul destácanse FEITOS DE GRAN IMPORTANCIA, a ter en conta)

Repaso da "Informática básica (ou de usuario)":

  1. Repaso-1: Na web material", no apartado "Documentación Secundaria" abre o documento "Repaso-1: Conocimientos básicos y Términos" [01-Repaso].
    Páxina 1/2: Consulta a presentación en PowerPoint T02-P01:01 El hardware: Conocimientos básicos. Páxina 2/2: Consulta a presentación en PowerPoint T02-P01:03 El hardware: Bibliografía y terminología informática.
  2. Repaso-2: Na web "material", no apartado "Documentación Secundaria" abre o documento "Repaso-2: Configuración Hardware" relacionados co 'Hardware" [02-Repaso].
  3. Os estándares no "Hardware" no año 2009: Consulta dun "folleto de propaganda real" dunha tenda de informática (PC, portátiles, impresoras).
    O profesor vaiche entregar unha folla de propaganda de produtos informáticos dunha tenda local de Vigo para que poidas avaliar cal pode ser o estándar actual no mundo dos computadores (PCs e portátiles) e impresoras (de tinta e láser).
As TIC e o traballo colaborativo:
  1. Crea unha conta de correo en GMail [http://www.gmail.com].
    Formato obrigado da túa conta de GMail: "primeira letra do teu nome" + "primeiro apelido teu" + "2009" (as letras e os nomes escritos 'á inglesa'). Por exemplo, si o teu nome e apelidos son 'Xosé Fariña Castro', a túa conta de GMail debería ser "xfarina2009". Por exemplo, si o teu nome e apelidos son 'Alba Fernández Souto', a túa conta de GMail debería ser "afernandez2009". No caso que GMail non che permita a túa conta proposta (p.e., "afernandez2009") engade algún caracter (p.e. a primeira letra do teu segundo apelido) antes do '2009' (p.e., "afernandezs2009").
  2. Únete ao grupo de Google jmiquel2009 [http://groups.google.com/group/jmiquel2009].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  3. Únete ao Twitter jmiquel2009 [http://twitter.com/jmiquel2009].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  4. Únete ao Blog jmiquel2009 [http://jmiquel2009.blogspot.com].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  5. Crea unha conta en Netvibes [http://www.netvibes.com] ou en iGoogle [www.google.es/ig].
    Emprega para elo a túa conta de GMail creada anteriormente.
  6. Engade algúns "widgets" ou "gadgets" a Netvibes ou en iGoogle, respectivamente.

Tema 2 - Módulo 2

  1. Suposto de Tradución T2-N1: Na web "material", no apartado "Supuestos de Traducción", abre o "Suposto de Tradución T2-N1" [T2-N1].

ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS

  1. Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido).

LEMBRANZAS

  1. O martes 29/09/09 de 11:00-12:00 está programada unha Xunta de Facultade de Filoloxía e Tradución polo cal suspéndese a actividade académica de 11:00-12:00 horas.
  2. O Grupo L3 da materia (martes de 11:00-12:30) vaise a ver afectado por este feito, polo que tendo en conta que os martes de 12:30-13:00 non tendes aulas, vaise a recuperar a hora perdida nesta franxa horaria.
  3. O martes 29/09/09, a clase do Grupo 2 de 11:00-12:30 terá lugar de 12:00-13:00 horas.
  4. O martes 06/10/09, a clase do Grupo 2 de 11:00-12:30 terá lugar de 11:00-13:00 horas.
  5. El martes 29/09 no habrá tutorías ni de 10:00-11:00 (Junta de Facultad) ni de 12:30-13:00 (clase con el Grupo L3). En las demás horas sí.
  6. Lembra que tes que entregar (so ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía.
  7. Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, sería conveniente que imprimises o "Suposto de Tradución T2-N1".

domingo, 20 de septiembre de 2009

Actividades semana do 21/09/09 ao 27/09/09

ACTIVIDADES PRESENCIAIS
(En cor vermella destácanse as actividades que non se puideron realizar por falta de tempo e vanse realizar na próxima sesión)


Presentación da materia:
  1. Abre o teu PC e entra en Windows XP.
  2. Comproba, coa axuda do profesor, que os programas "UltraVNC Server", "Adobe Acrobat Reader", "7-zip", "Ms-Office 2003 (Word, Access, Excel, PowerPoint)" e "Ms-FrontPage XP" están instados no teu computador.
  3. Configura o programa de acceso remoto "UltraVNC Server" e conecta co computador do profesor.
  4. Abre o teu procurador (navegador) e entra na páxina web da materia: http://webs.uvigo.es/tradum%C3%83%C2%A1tica
  5. Entra no emprazamento web do Prof. Joan Miquel-Vergés: http://webs.uvigo.es/jmv (lembra que tamén podes entrar empregando a ligazón http://www.joanmiquel.com/).
  6. Examina, coa axuda do profesor cada unha das páxinas webs dispoñibles neste emprazamento web.
  7. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Guía docente da materia".
  8. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Presentación PowerPoint da materia".
  9. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Presentación PDF da materia".
  10. Na web "material", no apartado "Documentación", abre a "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1".
  11. Na web "material", no apartado "Documentación", abre o "Suposto de Tradución T2-N1".
As TIC e o traballo colaborativo:
  1. Crea unha conta de correo en GMail.
  2. Únete ao grupo de Google jmiquel2009.
  3. Crea unha conta en Netvibes ou iGoogle.
  4. Engade algúns "widgets".
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
  1. Repasa os teus coñecementos ao respecto da "Informática básica (ou de usuario)". Isto é: hardware, software, sistemas operativos e programas utilitarios (ou utilidades), telemática e ofimática. Podes consultar as presentacións e dosieres existentes na miña páxina web de "material" (acceso restrinxido).
  2. Repaso. Consulta os documentos "Repaso-1: Conocimientos básicos y Términos" e "Repaso-2: Configuración Hardware" relacionados co 'Hardware".
  3. Segue as indicacións do "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1".
  4. Repasa as indicacións do "Suposto de Tradución T2-N1".
LEMBRANZAS
  1. Lembra que tes que entregar (so ao Prof. Joan Miquel-Vergés) unha ficha para a materia, que podes recoller na Conserxería do Pavillón Central, coa túa fotografía.
  2. Lembra que eu non vou entregar material en soporte papel. Por iso, para seguir mellor as clases presenciais, sería conveniente que imprimises "Presentación PDF da materia", o "Programa Guía dos Temas T1 & T2.1" e o "Suposto de Tradución T2-N1".